SAÚDO DO PRESIDENTE

 

 

Quero facer chegar dende este espazo un cálido saúdo e poñerme á disposición para que como socios e socias, saibamos facer crecer e evolucionar á Cooperativa MELISANTO, adaptándoa á realidade dos nosos días e ás necesidades de quenes formamos parte dela.

Adoptamos o compromiso de profundizar e encher de sentido o feito de pertencer a unha cooperativa, establecendo de forma sistemática políticas e liñas de traballo que proveñan ou dean resposta de forma clara e decidida á situación actual das explotacións dos socios e ás súas necesidades.

No ano 1979 se constituía a cooperativa coa vocación de facer posible mercar nas mellores condicións e prezos todos aqueles produtos e servizos relacionados co mundo agrícola-gandeiro. Hoxe sumamos máis de 600 socios que ao longo destes anos nos fomos integrando na asociación.

Como Presidente recén nomeado, asumo o reto de abrir esta nova etapa e o compromiso de traballar e acercar MELISANTO aos seus socios, dando o máximo sentido á expresión “cooperativa” como forma de organizarnos e levar a cabo a nosa actividade. Antes de continuar, o meu recoñecemento a José Varela Segade e a todas as persoas que ao longo destes anos pasaron polos diversos consellos reitores da cooperativa  e que puxeron o mesmo afán co que agora nós queremos continuar.

 

Confío na colaboración dun número cada vez maior de socios para facer crecer a MELISANTO e fortalecela nos principios, valores e compromisos que compartimos, situando aos socios no centro da nosa actividade.

 

 Pablo Costoya Varela

Presidente da Cooperativa

© 2016 Melisanto S.C.G.